Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 
 
 
 

Últimas Novas

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2015.

 

- Requisitos:

      - Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.

      - Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.

Curso/charla sobre a Firma Dixital e os usos do DNI Electronico, Martes 20 de Xaneiro as 19:00 (Centro Sociocultural)

O Martes 20 de Xaneiro as 19:00 no Centro Sociocultural de Riotorto.

 

A través do Programa INNOVATE2 da Diputación de Lugo realizaremos un curso/charla sobre a Firma Dixital e os usos do DNI Electronico:

 

INDICE:

- Conceptos básicos DNI, Firma dixital, Certificado electrónico.

O GOBERNO MUNICIPAL APOIA A ILP AVALADA POR 42.000 FIRMAS PARA SOLICITAR A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS PENDENTES NO HOSPITAL DE LUGO

O goberno municipal de Riotorto apoia a iniciativa lexislativa popular avalada por 42.000 firmas, entre elas as de veciños de Riotorto, para solicitar a implantación a implantación de servizos pendentes no HULA e rexeita as emendas do PP. O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, considera que a conselleira de Sanidade debe dimitir e o presidente da Xunta ten que dar explicacións. 

Tablón Municipal

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2015.   - Requisitos:       - Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.       - Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.       - Que durante o ano 2013, nin as persoas solicitantes nin ningunha das que compoñen a unidade familiar estivese   obrigada a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.   - Documentación:       - Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de tres anos.       - Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.       - Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.       - Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.       - Autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e D.N.I.   No caso de persoas anteriormente beneficiarias, sempre que non se modificasen as circustancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación, só terán que presentar a solicitude debidamente cuberta.   -Prazo de presentación:       Ata o 13 de marzo de 2015, xunto á Traballadora Social do Concello en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h.
  SÁBADO 27 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS CENTRO SOCIOCULTURAL DE RIOTORTO