Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
 
 
 
 
 
 

AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA OBRAS DE INTERESE VECIÑAL


FEDERICO XOSÉ GUTIÉRREZ ESTOA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIOTORTO 


FAI SABER:


 Está aberto o prazo  para a solicitude de axudas, por parte de agrupacións ou asociacións de veciños sen ánimo de lucro, para a realización de obras de acondicionamento no medio urbano e rural.


OBRAS OBXECTO DA SUBVENCIÓN


 As obras refírense á execución de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, iluminacións públicas, acondicionamento de camiños rurais, instalación de pequenos repetidores de TV, arranxo e acondicionamento de capelas, fontes, hórreos, muíños, obras de acondicionamento e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas deportivas e outras análogas no ámbito da asociación, que non interfiran no ámbito municipal.


CONTÍA DA SUBVENCIÓN


 A contía máxima por cada subvención será de 12.000,00 € e non poderá exceder do 75% do importe da actividade subvencionable. O 25% restante correrá a cargo da asociación.


PERÍODO  E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE AXUDAS


 A data límite de presentación das solicitudes é o 30 de abril de 2010 e o prazo máximo de execución da actividade será ó 30 de setembro de 2010.


Un exemplar da solicitude, xunto coa documentación que se acompañe, serán dirixidos á  Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.


DOCUMENTACIÓN NECESARIA



  • Proxecto concreto ou memoria valorada, para o que se pretende a subvención e orzamento pormenorizado dos gastos e ingresos a realizar para a súa execución.

  • Declaración responsable das subvencións recibidas para o mesmo proxecto, así como de acharse ó corrente nos pagos á SS e outras obrigas fiscais.

  • Copia do CIF, da entidade solicitante.

  • Certificación da conta bancaria

 


En Riotorto, a 11 de Marzo de 2010


O Alcalde: Federico Xosé Gutiérrez Estoa

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...