Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 

ESTE DOMINGO, 9 DE NOVEMBRO, HABERÁ MERCADO DE OUTONO EN RIOTORTO

O mercado de outono organizado polo Concello de Riotorto, que se celebrará este domingo no pavillón polideportivo contará con máis de 20 expositores. A principal novidade será un obradoiro de elaboración de sidra.

O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “este domingo vamos celebrar o mercado de outono, que é un dos que facemos cada tres meses, en cada unha das estacións do ano. Levamos xa seis anos con estes mercados que naceron para darlle saída aos excedentes dos pequenos produtores locais e que supoña un complemento para as economías dos agricultores do municipio. Pensamos que xa está consolidado e hai máis de 20 inscritos para expoñer e vender os seus produtos”.

No mercado de outono de Riotorto poranse a vender hortalizas, froitas, embutidos, queixos, aceites, sidras, pan, repostería, artesanía do ferro e outros produtos. Estará aberto ao público de 10 a 14 horas.

A principal novidade neste mercado será a celebración dun obradoiro de sidra ás 12 do mediodía “para a xente que estea interesada en aprender a elaborar sidra. Estamos nunha zona na que hai moitas maceiras e pódese sacarlle algún partido á produción de mazás facendo sidra. O obradoiro será impartido por Xosé Folgar, de Friol”.

 

 

 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...