Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 

ESTOA CONSIDERA PRIORITARIO O ENLACE DE RIOTORTO COA A-8

O Alcalde de Riotorto solicita á Xunta que licite xa as obras da estrada A Pontenova - Mondoñedo

O Alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, denunciou hoxe nun comunicado de prensa, a situación de abandono no que se atopa a estrada LU-124 entre Vilameá(A Pontenova) e Mondoñedo, así como os incumprimentos por parte da Xunta de Galiza dos compromisos adquiridos, do que é un reflexo o feito de que os Orzamentos do Goberno Galego para 2010.

Segundo explicou Estoa a LU-124 é unha estrada de titularidade da Administración Autonómica dunha lonxitude aproximada de 20 Km que  conectaría os Concellos da Pontenova, Riotorto, A Pastoriza é Mondoñedo. A día de hoxe só un dos seus tramos se atopa arranxado, o Riotorto - A Cruz da Cancela (aproximadamente 8 KM), se ben o Vilameá – Riotorto(aproximadamente 6 KM) e A Cruz da Cancela - Mondoñedo (aproximadamente 6 KM), a pesar de ter elaborado un proxecto a Consellaría non hai nin datas nin diñeiro para acometer a obra. Neste sentido Estoa lembrou que segundo o propio Conselleiro Agustín Hernández o custe total da obra é de oito millóns de Euros.

O Alcalde Riotorto lembrou que “este vial é fundamental xa non só para articulación do territorio dos catro concellos afectados, senón que para Riortoto é vital na medida que sería a estrada de conexión nun caso coa A-8 ao seu paso por Mondoñedo e coa N-640”.”Riortorto non pode permitirse o luxo de ficar incomunicada, pois foi precisamente a súa situación xeográfica en relación coas grandes vías de comunicación o que provocou o seu atraso relativo con outros concellos, e neste sentido é fundamental que esta obra estea rematada cando menos, no momento en que A-8 pase por Lindín” recalcou Estoa.

Estoa afirmou que as posibilidades de Riotorto cambian totalmente no momento que pase a ser un Concello conectado por unha estrada en condicións a seis Km da A-8 polo que esixiu da Consellaría que de unha resposta a esta demanda. “O desenvolvemento económico de Riotorto, nomeadamente no que ten haber coa súas potencialidades turísticas vencelladas a artesanía do ferro, pero tamén no referido a ubicación de novas empresas vai depender moito deste vial. Mesmamente as empresas que desenvolven a súa actividade en Riotorto como aquelas que se asentaron nos últimos tempos seguen a indicarnos o problema das comunicacións do Concello para medrar ou asentarse aquí” afirmou o Alcalde nacionalista.

O Alcalde de Riotorto explicou que “hai razóns sobradas que xustifican que esta obra pase a ser unha prioridade na planificación viaria da Xunta de Galiza, a empezar pola vertebración desta comarca natural que conforman os concellos do cordal de Meira, a seguir pola necesidade de impulsar a vertebración territorial da Galiza interior e todo isto sen esquecer que non se pode deixar sen comunicación a estes Concellos coas redes trans europeas de transporte, isto é A-8”. Na mesma liña indicou que Riotorto tomou boa nota dos erros do pasado é que non está disposta a aceptar unha planificación viaria que deixou a este Concello lonxe de todo e que polo tanto dificultou o seu desenvolvemento. Neste sentido Estoa esixiu ao Conselleiro que cumpra cos compromisos adquiridos na reunión mantida cos Alcaldes da Pontenova, Pastoriza,Mondoñedo e Riotorto e demandou que se destinen fondos e se marquen prazos para que no momento da entrada en funcionamento dos tramos da A-8 a estrada este lista para circular.

 

 


 

 

 

 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...