Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 

GUTIÉRREZ ESTOA AFIRMA QUE O PP ANUNCIA AGORA A SOLICITUDE DUN PLENO SOBRE AS OBRAS DA ESTRADA A MARCO DE ÁLVARE PARA INTENTAR TAPAR O SEU FRACASO COA PRAZA DE MÉDICO VACANTE

O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, afirma que o anuncio do PP de que vai solicitar un pleno extraordinario da corporación municipal sobre as obras da estrada Riotorto-Marco de Álvare “é para desviar a atención e intentar tapar o seu fracaso e a súa burla ós veciños de Riotorto na xestión da praza de médico vacante no centro de saúde, que segue a día de hoxe cun só un facultativo”. O rexedor municipal tamén manifestou que “para o goberno local é urxente o asunto da estrada Riotorto-Marco de Álvare; e proba disto é que estamos semana si e semana tamén na Deputación Provincial interesándonos por solucionar este problema. A paralización responde a causas estritamente meteorolóxicas, xa que tan pronto o tempo o permita a estrada rematarase nun 95% do seu trazado; é cuestión dun mes de traballos”.  

“O que pretende o Partido Popular agora é tapar o tremendo fracaso da súa xestión relativa á falta dun médico no centro de saúde de Riotorto, pois a Consellería de Sanidade tivo que rectificar a decisión que tiña adoptada de suprimir esta praza, aínda que agora queiran atribuírse uns méritos que non lle corresponden ó PP senón aos veciños de Riotorto. Que saiban que os veciños de Riotorto somos adultos, non somos nenos que se contenten cun caramelo ata que pasen as eleccións, porque a realidade é que seguimos cun só médico e ninguén nos garante que Riotorto vaia contar con dous despois de maio”, explicou Federico Gutiérrez, quen ademais lembrou que “se recolleron 1.500 firmas, que vamos entregar proximamente á delegada da Xunta en Lugo, quen aínda non nos recibiu como tampouco o fixo a conselleira de Sanidade. Os veciños de Riotorto non imos admitir burlas nin da Xunta nin dos representantes do PP no noso concello ”. 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...