Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 

A IX FEIRA DO FERRO OFRECERÁ O DÍA 19 DESTE MES DEMOSTRACIÓNS EN VIVO, OBRADOIROS, MOSTRA DE ARTESANÍA, ACTUACIÓNS MUSICAIS E OUTRAS ACTIVIDADES.

A novena edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto ofrecerá o día 19 deste mes, domingo, demostracións en vivo, obradoiros, mostra de artesanía, actuacións musicais e outras actividades dende as 11 da mañá ata as 7 e media da tarde.

O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “o domingo da semana que vén, 19 de abril, celebraremos a novena edición da Feira da Artesanía do Ferro, unha artesanía que é un potencial singular do concello de Riotorto e algo que nos distingue dos demais municipios, xa non só da comarca senón de todo o país. Consideramos que é un recurso que temos que potenciar porque ten moitas posibilidades tanto na dinamización económica como na turística do concello. Este ano, como ocorreu nos anteriores, contamos ter unha asistencia masiva de xente de todo o país, pois é unha feira que xa está consolidada, como se demostrou en edicións anteriores, cunha afluencia de miles de persoas. Seguramente este ano será tamén un éxito de asistencia”.

O secretario da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, Ángel Villada Moirón, comentou que “esta feira que facemos dende hai 9 anos segue medrando, cada vez atrae a máis visitantes e tamén a máis expositores. O traballo da nosa asociación céntrase basicamente nas demostracións en vivo da artesanía do ferro e contamos sempre cos ferreiros de Riotorto, tamén con outros da provincia e este ano temos unha novidade, pois ven a sétima xeración dunha familia de ferreiros de Navarra”.

Ángel Villada destacou que “a inauguración vai ser ás 12 da mañá e a partir de aí empezarán as demostracións en vivo cos ferreiros de Riotorto, os da Fonsagrada, un ferreiro de Santiago, que é Alberto Leis; temos un obradoiro infantil que o fai Friedrich, que é un ferreiro austríaco afincado nos Oscos, e este ano teremos a novidade de contar coa asociación de forxa de Navarra, que vai estar tamén demostrando durante todo o día o traballo que eles fan co ferro. Arredor do ferro temos tamén varios obradoiros: un deles de alfarería, a cargo de Os de Laura, de Buño; un de tear, que o vai facer Noela Feal, de Vilalba; e outro de torneado de madeira, a cargo de Jesús Iglesias, que é de Ortigueira. Entón durante toda a xornada, dende pola mañá ata as 7 e media da tarde, van estar facendo demostracións en todos estes obradoiros”.

O secretario da asociación de ferreiros de Riotorto engadiu que “tamén teremos un pavillón con 35 expositores doutro tipo de artesanía e ademais haberá animación de rúa a cargo de varios grupos de teatro, estarán tamén os gaiteiros de Riotorto animando polas rúas e o coro de Riotorto actuará na inauguración da feira. Invitamos a toda a xente que queira vir a Riotorto, porque sacamos aos ferreiros das súas forxas para que demostren o seu traballo ao aire libre. E todo o mundo que queira vir pode pasar todo o día en Riotorto, pois temos programa de actividades para toda a xornada e haberá unha carpa grande para que poidan comer racións de polbo e doutro tipo de comidas. Animamos a toda a xente a que nos visite".

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...