Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
 
 
 
 
 
 

Meilán

É de orixe medieval. Ten unha nave cuberta de madeira a dúas vertentes, capela mayor tamén con teitume de madeira a catro augas e sacristía detrás. No frontis a porta principal con arco de medio punto presenta unha inscrición na clave: “INRI / ANNO MC”. No lintel da porta lateral norte figura un relevo dunha cruz. O pavimento está formado por grandes laxes de lousa. Ten no interior un retábulo rococó do século XVIII, con dous pisos e tres rúas e medallón do Espirito Santo no remate.

Está moi modificada na súa estructura original, presentando varios elementos alleos como muros de ladrillo, arco de hormigón que soporta o anterior de pedra e columnas do mesmo material nos laterais da fachada. Ten unha pía de auga bendita dunha soa peza pero sen o fuste.

Entre as tallas salientas unha Santa Ana e un pequeño San Xosé, pero a de mayor importancia polo seu valor é unha imaxe romántica da Virxe, sedente, dereita de fronte e con coroa, co Neno igualmente de fronte sobre a man esquerda e coa característica románica da falta de expresividade comunicativa entre a mai e o fillo. Fáltalle a man dereita, ademais doutras mutilacións, mais mantén a policromía orixinaria. Posiblemente pertenza ó século XII. Outras tallas populares son a de San Xosé, dous de San Bernabés (un deles é do século XVIII e está repintado) e dous San Roques.

 

Capela de San Antón de Ferreira

Pequeño edificio con planta rectangular, muros de pedra e fachada recebada con espadana dun só oco na banda dereita. Cuberta de lousa a dúas augas e piso de azulexo onde antes existía terra pisada. Foi fundada no século XVII polo marqués de Bendaña.

Conserva no seu interior un lenzo barroco da Inmaculada Concepción do século XVII e varias tallas, como a de Santa Catarina, San Pedro, San Antón, a Virxe de Fátima, e a máis notable, unha Virxe gótica do século XV.

Os veciños ofrecen exvotos ó San Antón Lacoeiro, protector dos animais e así aparecen algunhas vacas á súa beira.

 

Capela de San Xosé de Santalla

Foi fundada no século XV, pero está hoxe en día moi reconstruida, con planta rectangular, pequeño pórtico e espadana de pedra dun só van.

No interior presenta un retábulo barroco, de estilo popular, con columnas salomónicas e tres fornelos no piso principal coas tallas da San Xoán Bautista, San Bartola (de estilo barroco), San Alberte do século XVI e unha Santa Olalla.

 

Capela de San Xoán de Vilaseca

Capela de planta rectangular, muros recebados de cemento e cuberta a dúas augas. A súa construcción é recente seguindo modelos neogóticos na porta principal e na ventá da fachada. Espadana moi estreita dun só oco. No interior ten un retábulo barroco de dous corpos, salomónico. Tallas populares da Virxe, San Xosé e Santo Apóstolo. Tamén existe unha Virxe pintada ó óleo do século XVIII.

 

Capela vella de San Xoán de Vilaseca

Situada nun alto que domina todo o pobo de Vilaseca, esta capela hoxe en día en estado ruinoso pero aínda pódense ollar parte dos seus muros. Un arco de medio punto feito con pedra de gra de cantería separa a parte do ábside do resto da capela. O elemento máis antigo debe se-lo campanario, separado da estructura principal da capela, está feito con cachotería, lousa, e presenta unha espadana dun só oco rematada hai tempo cunha cruz de ferro.

 

Torre de Mendaña na Torre

Con planta rectangular, trátase dun edificio moi reformado e con recentes arranxos nada axeitados. As súas paredes son de cachotería e tivo cuberta de lousa. Seica é obra do século XIV ou do Xv e na revolea dos Irmandiños no século XV non foi desfeita porque non aparece na lista das fortalezas derrubadas. A porta principal presenta un interesante arco oxival e varios ventanais aximezados, que perderon o parteluz e teñen falsa bóveda. Foi vivenda do marqués de Mendaña ou Bendaña e a súa familia.

 

Castelo de Penaflor en Vilasca

Xa non quedan mais que restos dos seus muros, que non permiten a reconstrucción da súa planta. Segundo a información dos veciños non era de moita altura e alí asentouse o señor do castelo despois das loitas cos musulmáns, convertíndose nun señor feudal con dereito a pernada. Despois o castelo pasou a ser do marqués de Mendaña. Algún dos muros do castelo cegaron a ser de tres metros de grosor, tivo foxo e moitas das súas pedras foron aproveitadas na construcción dalgunhas casas de Vilaseca. Nel atopouse ademais algunha moeda e varios cravos de ferro.

Xunto a el existía un forno de facer cal chamado “A Caleira”, con disposición circular.

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...