Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 

MERCADO DE OUTONO DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE TEMPORADA- DOMINGO 13 DE NOVEMBRO

O Mercado forma parte dunha serie de catro mercados estacionais que se levan a cabo  ao longo do ano no Concello de Riotorto, o segundo domingo dos meses de febrero, maio, agosto e novembro.

Este Mercado de Outono, celebrarase o domingo día 13 de Novembro, no pavillón de deportes da vila, posto que, aínda que as previsións apuntan a que haberá sol durante toda a xornada, as choivas tamén poden facer acto de presencia .

A apertura está prevista ao fío das dez da mañá e prolongarase ata o mediodía, as 15 horas máis ou menos.

Contaremos coa presenza de preto de cuarenta expositores de toda a provincia, así como do resto de Galicia.

Aqueles visitantes que se acerquen ata Riotorto o domingo poderán atopar  unha ampla gama de productos ecolóxicos e naturais así como productos do comercio local de Riotorto e productos de artesanía.

Dentro dos expositores locais asistirán ao mercado a confitería Irma, os ferreiros Faustino e Agustín, as panaderías Murado e a Moderna, que coma en outras edicións, fará filloas en directo para todos aqueles que as queiran mercar, Teresa de Viñabella, con mel e froitos secos, varios productores de horta como Pura, de Rececende,, e moitos máis.

Entre os productores de ecolóxicos, asisten por primeira vez Ecoadellao, con productos da horta, e Maremel, con conservas, algas, mel,... Repiten experiencia entre outros Caurelor, con conservas de castañas e mermeladas; a queixería Casa Ánxel, as galletas de nata  de Granxa Maruxa, A Horta de Dolores, A Cova da Terra, Terapias Nova Era, Equisol, Güido Tomasini e a bioconstrucción...

Este mercado conta a maiores cunha pequena mostra de artesanía, con preto dunha decena de expositores.

Durante toda a xornada poderán degustarse os productos expostos nos diferentes stands e haberá servizo de churrería e pulpería nas inmediacións do mercado.

O mercado está consolidándose pouco a pouco, e cada edición que pasa o nº de visitantes que se acercan ata Riotorto está a aumentar. En canto aos expositores, a pesar de que sempre hai alguna novidade, a maoiría deles xa son fixos e teñen unha clientela que os espera cada mercado, rexeitando outras feiras e mercados por vir a Riotorto.

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...