Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
 
 
 
 
 
 

O CONCELLO PRESENTA O PROXECTO DO TANATARIO MUNICIPAL

Terá un custe de 180.000 € e comezará a funcionar no outono do vindeiro ano

O pasado sábado 12 de decembro no centro sociocultural de Riotorto presentouse o proxecto de tanatorio municipal. Neste acto o alcalde e mailos técnicos encargados do proxecto explicaron polo miúdo aos veciños a ubicación, as características técnicas e construtivas e os prazos de execución deste importante equipamento. Tamén se explicou cal vai ser o seu xeito de funcionamento, a forma de prestación dos servizos e o aforro de custes que suporá aos usuarios xa que vai ser un servizo gratuíto.

Riotorto é un concello cun elevado grado de envellecemento da poboación e no que se veñen producindo entre trinta e corenta defuncións anuais. A utilización deste servizo cada vez é máis demandada polos veciños que se ven obrigados a desprazarse a outros concellos limítrofes para poder recibir a súa prestación. A falta deste equipamento tamén obriga á xente de Riotorto a desprazarse para velar o defunto ou expresar o pésame á familia.

A instalación deste equipamento en Riotorto aparte do aforro de custes aludidos anteriormente  terá unha influenza positiva na dinamización social e económica de Riotorto debido á grande afluencia de persoas que tradicionalmente asisten aos enterros.

Segundo manifesta o alcalde, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, coa creación deste equipamento o Concello de Riotorto sigue apostando fortemente pola creación de servizos públicos e de calidade que diminúan a brecha existente na calidade de vida entre o ámbito rural e o urbano co fin de contribuír a fixación da poboación no noso concello.

Máis imaxes infográficas nesta galería.

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...