Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 

O GOBERNO MUNICIPAL APOIA A ILP AVALADA POR 42.000 FIRMAS PARA SOLICITAR A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS PENDENTES NO HOSPITAL DE LUGO

O goberno municipal de Riotorto apoia a iniciativa lexislativa popular avalada por 42.000 firmas, entre elas as de veciños de Riotorto, para solicitar a implantación a implantación de servizos pendentes no HULA e rexeita as emendas do PP. O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, considera que a conselleira de Sanidade debe dimitir e o presidente da Xunta ten que dar explicacións. 

“Desde o goberno municipal de Riotorto queremos mostrar o noso apoio á iniciativa lexislativa popular inicial para solicitar a implantación de servizos pendentes no hospital de Lugo, que ía avalada por 42.000 firmas de veciños de toda a provincia, incluídas persoas de Riotorto, e tamén mostramos o noso rexeitamento ás emendas que fixo o Partido Popular e que desvirtuaron totalmente esta iniciativa lexislativa popular. Para nosoutros a posición do PP ao facer isto supón abandonar aos habitantes da provincia de Lugo, aparte dunha humillación e un desprezo. Pensamos que despois disto a conselleira de Sanidade debe dimitir e o presidente Feijoo ten que dar explicacións”, manifestou hoxe o rexedor municipal.

Federico Gutiérrez considera que “os veciños desta provincia debemos continuar na loita e demandar feitos, como a implantación dos servizos de Radioterapia, de Medicina Nuclear e de Hemodinámica as 24 horas do día, que non temos agora na provincia e que foron prometidos por Feijoo xa no ano 2011, cando se inaugurou o hospital de Lugo”.

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...