Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 

OS ALCALDES DA PONTENOVA, RIOTORTO, A PASTORIZA E MONDOÑEDO SOLICITAN UNHA NOVA ENTREVISTA A HERNÁNDEZ PARA AXILIZAR A LU-124

Estoa urxe a licitación das obras para evitar que os seus Concellos queden illados

Os Alcaldes  da Pontenova, Riotorto, Pastoriza e Mondoñedo mantiveron unha xuntanza ás 17:00 h de hoxe na casa consistorial de Riotorto onde definiron as accións a realizar a fin de axilizar os traballos da LU 124 entre Vilameá (A Pontenova) e Lindín(Mondoñedo) diante da exclusión por parte da Xunta de Galiza de consignación nos orzamentos de 2010 para execución da referida estrada.

O Alcalde de Riotorto, promotor da referida xuntanza, explicou nun comunicado de prensa que “a LU-124 é unha estrada de titularidade da Administración Autonómica dunha lonxitude aproximada de 20 Km que  conectaría os Concellos da Pontenova, Riotorto, A Pastoriza é Mondoñedo. A día de hoxe só un dos seus tramos se atopa arranxado, o Riotorto - A Cruz da Cancela (aproximadamente 8 KM), se ben o Vilameá – Riotorto(aproximadamente 6 KM) e A Cruz da Cancela - Mondoñedo (aproximadamente 6 KM), a pesar de ter elaborado un proxecto a Consellaría non hai nin datas nin diñeiro para acometer a obra”.

Estoa anunciou que na xuntanza de hoxe os Alcaldes reunidos en Riotorto acordaron dirixirse ao Conselleiro a fin de manter outra nova entrevista con el de cara a concretar prazos e consignacións orzamentarias para a execución do proxecto. Na mesma liña os rexidores acordaron manter reunións cos tres grupos con representación no Parlamento Galego de cara a achegarlle as súas demandas e tentarán de promover acordos das súas respectivas corporacións que urxan ao Goberno galego a que se remate este vial no horizonte de 2013 que é cando se prevé a entrada en vigor do tramo da A-8 por Lindín.

O  Alcalde Riotorto afirmou que “a nosa vontade non é buscar ningún tipo de confronto coa Xunta de Galiza, simplemente pretendemos dar solucións aos problemas dos nosos veciños, e neste caso a solución é doada, tratase unicamente de que a Consellaría   cumpra cos compromisos adquiridos na reunión mantida cos Alcaldes da Pontenova,Riotorto e Mondoñedo”.Nesta dirección agardan que no prazo máis breve posíbel sexan recibidos polo Conselleiro Agustín Hernández e se retomen as previsións iniciais para esta estrada.”Agardamos que a negativa do PP a incluír esta partida nos Orzamentos sexa rectificada por parte da Xunta. Estamos a falar dunha obra, segundo o Conselleiro de oito millóns de Euros, que hai que executar en varias anualidades. O que non podemos é demorar máis a súa licitación se non quedemos ficar illados”, recalcou Estoa.

Federico G. Estoa explicou que “hai razóns sobradas que xustifican que esta obra pase a ser unha prioridade na planificación viaria da Xunta de Galiza, a empezar pola vertebración desta comarca natural que conforman os concellos do cordal de Meira, a seguir pola necesidade de impulsar a vertebración territorial da Galiza interior e todo isto sen esquecer que non se pode deixar sen comunicación a estes Concellos coas redes trans europeas de transporte, isto é A-8”. Asemade valorou moi positivamente a xuntanza de hoxe na medida da coincidencia plena que existe na diagnose da situación por parte dos Alcaldes afectados e pola vía que se abre de traballar conxuntamente en defensa dos seus respectivos Concellos.

 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...