Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 
 

OS ORZAMENTOS DE RIOTORTO PARA ESTE ANO DESTINAN 650.000 EUROS A INVERSIÓNS

Estoa anuncia a posta en marcha dunha Residencia con 50 prazas para maiores que creará máis de 20 empregos directos.

O pleno do Concello de Riotorto debaterá este venres o orzamento para este exercicio no que se recolle un ambicioso plano de obras que significa un aumento da partida de investimentos en relación con outros exercicios. O Alcalde deste Concello anunciou que “Riotorto pode permitirse nun momento de crise como este aprobar un orzamento claramente inversor porque fixemos ben as nosas tarefas en materia financeira, o que posibilitou que o noso nivel de endebedamento sexa moi pequeno, e a pesar de que se contraian os ingresos nos imos a seguir cumprindo cos nosos veciños. É máis, as administracións públicas son en momentos coma este cando teñen que investir como xeito de dinamización económica nun momento que se contrae o gasto privado”.

A este respecto Estoa anunciou que no capitulo de inversións o Orzamento recolle 650.000 euros, unha cantidade que supera en moitos casos, a partida que a este fin destinan Concellos con moita máis poboación, incluso Concellos que superan os 10.000 habitantes polo que as necesidades dos veciños van quedar cubertas. Neste sentido, 400.000 Euros correspóndense cunha partida que o BNG xestionou en Madrid para continuar a senda fluvial do Río Torto e as outras cantidades asúmense con fondos propios do Concello para seguir dotando ao Concello de servizos, crear emprego e igualar en prestacións e estruturas básicas aos veciños dos diferentes pobos do Axuntamento.

O Alcalde quixo aproveitar a presentación do Orzamento para anunciar que o Concello vai destinar 110.000 Euros para a compra de terreos a fin de construír e poñer en marcha unha Residencia da Terceira Idade.” A posta en marcha desta Residencia da Terceira Idade é un exemplo da aposta que nos facemos polo benestar, tanto na perspectiva de dotar ao Concello de novos servizos como na perspectiva de crear emprego. Riotorto polo nivel de avellentamento da súa poboación require dunha infraestrutura deste tipo, pero tamén nesta residencia de 50 prazas da que estamos a falar, vanse crear arredor de 25 empregos, maioritariamente feminino que é o que está a demandar e precisa neste momento o noso Concello”. Estoa anunciou que unha vez mercados os terreos iniciarase o proceso para iniciar as obras do centro que agardamos que estea aberto a mediados do ano que ven.

O rexedor de Riotorto anunciou que o Concello xa ten encargado un estudo de custes do que vai significar a inversión e neste sentido afirmou que estamos diante dun proxecto viábel, amortizábel en sete anos, e que ademais e demandado pola xente. “Nos imos seguir apostando polas persoas, como xa demostramos coas obras do FEIL, a cargo do cal se vai construír un tanatorio público, que vai reducir os custos de enterramento para os nosos veciños e que fundamentalmente vainos permitir velar aos nosos mortos no noso Concello” afirmou Estoa quen continuou “que esta obra xa é unha realidade e vai ser licitada en semanas, a pesar da rumoroloxía, igual que vai ser unha realidade en breve a posta en funcionamento da Residencia da Terceira Idade”.

A respecto da Residencia Estoa anunciou que “nas próximas semanas unha vez aprobada o Orzamento, imos dar a coñecer o proxecto, un proxecto que nos entendemos de todos os veciños, e do conxunto do pobo, na medida que aquí todo o Concello vai saír beneficiado. Agora ben, a envergadura desta aposta require o consenso do conxunto da corporación, e antes de face-lo público imos estudalo co conxunto dos grupos da corporación para analizar o xeito máis acaído de xestión e a formula xurídica que permita garantir o seu carácter público”. Asemade indicou Estoa “paralelamente imos organizar un curso sobre atención a maiores para as veciñas do noso Concello posto que o noso obxectivo e que sexan veciños deste Concello as persoas que traballen no mesmo”. 

 

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...