Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 
 
 
 
 

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2015.

 

- Requisitos:

      - Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.

      - Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.

      - Que durante o ano 2013, nin as persoas solicitantes nin ningunha das que compoñen a unidade familiar estivese   obrigada a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

 

- Documentación:

      - Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de tres anos.

      - Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

      - Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

      - Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

      - Autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e D.N.I.

 

No caso de persoas anteriormente beneficiarias, sempre que non se modificasen as circustancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación, só terán que presentar a solicitude debidamente cuberta.

 

-Prazo de presentación:

      Ata o 13 de marzo de 2015, xunto á Traballadora Social do Concello en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...