Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 

Punto Limpio

PUNTO LIMPIO


O Punto Limpio, situado nos Xuncas-A Pastoriza, presta servizo ós concellos de Riotorto, Meira, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Pol e A Pastoriza.


O horario de atención ó público é de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas.


Poderán depositar residuos xerados no noso concello, os residentes no mesmo ou aqueles que teñan vivenda ou desenrolen a súa actividade neste concello e paguen a taxa por recollida de residuos.


Os residuos deberán ser transportados polos propios interesados ó Punto Limpio e deberán estar debidamente clasificados.


No caso dos residuos voluminosos tales como electrodomésticos, mobles, chatarra,… o concello dispón dun servizo de recollida domiciliaria. Aquelas persoas que desexen depositar estas mercancías no Punto Limpio a través deste servizo deberán chamar ó concello ( teléfono 982346222) e comunicar a súa dirección e número de teléfono e posteriormente dende aquí poñerémonos en contacto cos interesados para informar do día en que pasarán a recollelos.


O Punto Limpio non actúa como centro xestor de residuos industriais e polo tanto non poderán depositarse nel residuos procedentes de actividades agrícolas e industriais tales como plásticos da agricultura, palés, contenedores de escombro,…


Poderán depositarse os seguintes residuos:



  1. Plástico

  2. Cartón

  3. Papel

  4. Textil

  5. Vidrio

  6. Envases

  7. Ferralla

  8. Voluminosos

  9. Escombro(pequenas obras domiciliarias)- 25kgs

  10. Aerosoles- 10 unidades

  11. Frigoríficos- 1 unidade

  12. Madeiras- 60 kgs ou un moble

  13. Aceite vexetal- 5 litros

  14. Pinturas– 1kg

  15. Electrodomésticos- 2 unidades

  16. Tubos fluorescentes- 3 unidades

  17. Medicamentos- 1 kg

  18. Aceite de motor- 5 litros

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...