Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
 
 

REUNIÓN DA COMISIÓN POLA DEFENSA DA PRAZA MÉDICA VACANTE NO CENTRO DE SAÚDE CON DEPUTADOS PROVINCIAIS

A comisión veciñal pola defensa da praza médica vacante no centro de saúde de Riotorto propuxo aos representantes provinciais de PP, PSOE en BNG que participaron na reunión celebrada esta tarde que leven ao pleno da Deputación de Lugo e apoien a moción sobre este asunto aprobada por unanimidade na corporación municipal.

O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, explicou o abordado na xuntanza: “hoxe reunímonos no salón de plenos do Concello de Riotorto a comisión veciñal cos representantes da Deputación que asistiron: Antonio Veiga, por parte do Bloque; Alfredo Llano, do PSOE; e José Manuel Yanes Ginzo, do PP. Tamén estiveron os portavoces dos grupos na corporación de Riotorto José Lourido, do PP, e José García, do PSOE. Por parte da comisión veciñal trasladámoslles o problema que supón para Riotorto perder ese médico, contamos a historia do acontecido durante os últimos meses, as xestións realizadas diante da administración así como as asembleas e a campaña de recollida de firmas que estamos facendo. Ademais trasladámoslles a moción aprobada por unanimidade no pleno do Concello de Riotorto para pedirlles que a leven ao pleno da Deputación, que a apoien e que se manteña a unanimidade que houbo no Concello de Riotorto”.

Ademais o rexedor municipal anunciou que este venres, día 21, ás nove da noite na casa da cultura de Riotorto vai haber unha asemblea de veciños convocada pola comisión “na que se vai dar conta das xestións realizadas dende a anterior asemblea, explicar a situación tal e como está neste momento e vamos propoñer que se acuda ao pleno da Deputación que se celebrará o vindeiro martes en Lugo”. 

 

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...