Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
 

Riotorto

Igrexa vella de San Pedro de Riotorto

Igrexa dos sécalos XVII e XVIII, moi reformada a principios do século XX en estilo neogótico. A estructura actual consta dun campanario separado do corpo central. Os alicerces e muros que aparecen xunto ó camiño poden da-la idea de que existira outra torre.

Da estructura primitiva ten o campanario, datado no ano 1762, con pequena ventaíña octogonal decorada con pétalos no lado da porta e enriba dela unha inscrición con palabras xa borrosas. No recanto do mesmo hai unha imaxe de moi boa fritura que representa un home con barba.

No interior ten unha escaleira de caracol. Asemesmo, no corpo central da igrexa actual perviven algúns elementos da igrexa primitiva como a cabeza dun anxo ou o remate do vértice do tellado da fachada principal cunha mitra papal.

O corpo central consta dunha nave, cruceiro e dúas sacristías adosadas ó final. Salienta o retábulo maior, obra barroca de mediados do século XVIII, de influencia colonial mexicana, policromado, con dous corpos, de columnas salomónicas, con varias imaxes do século XVIII como as de San Pedro, San Xosé co Neno e a Virxe da Misericordia. As outras esculturas corresponden a Santiago, San Antón coneno Xesús, San Domingos de Guzmán, San Bieito Abade e Santa Bárbara con torre.

O retábulo dereito, con influencia rococó, con columnas e estípites, é da segunda metade do século XVIII. O retábulo esquerdo esquerdo é de influencia plateresca, con imaxes do século XVIII como a de San Roque co cadelo, O Neno Xesús con bola e cruz n aman, San Carlos Borromeo con custodia e palma, e un San Antón Abade do século XVI.

No cemiterio desta igrexa existe unha escultura de características galegas no panteón da familia das Veigas de moi boa factura.

Nas contas do ano 1829 do único libro de Fábrica un pouco antigo da parroquia de San Pedro de Riotorto, admitense en data distintas cantidades por cal para argamasa e branqueo de paredes, madeira para erguer e recompone-lo teito da capela das Dolores, face-las ventás das bufardas, poñe-las baldosas á igrexa e enlousar de novo o adro.

En 1887, empezouse a construír de nova planta por se vir abaixo unha boa parte da vella igrexa e ameazar ruína o resto dela. En 1888, e por falta de recursos, aínda no se dera fin á obra; faltaban tódolos cales de fóra, a maior parte de dentro e tamén parte do baldosado. Os mestres de cachotería foron Manuel Tato e José Leiro, veciños de Pontevedra e rematantes da edificación. Actuou como ferreiro Jesús Cancio López, da Veiga (Asturias); como carpinteiro, José Novo, do mesmo Riotorto; aserrador e contratista de madeiras, Pedro Bouso, fregués da parroquia; e albanel e pintor, Antonio Mel.

 

Igrexa parroquial de San Pedro de Riotorto

Inaugurada no ano 1956, sen interese artístico, ten unha nave, cruceiro, torre e sacristía. Os elementos máis interesantes proceden da igrexa vella de San Pedro, como son o Cristo do século XVIII na parte central, a imaxe de San Pedro do XVII de boa talla e unha parándola do século XIX que foi da Casa Ducal de San Sadurniño.

Na sacristía hai unha cruz procesional de prata do ano 1604, con figuriñas dos Apóstolos e no reverso a Inmaculada; un incensiario do século XVII de prata con debuxos repuxados; unha custodio de prata con forma de sol do século XVII, procedente da igrexa vella e anovada en 1888 polo prateiro de Mondoñedo Juan Sánchez; e un copón de prata.

Entre a moblaxe hai un harmonio procedente da Casa de Alba. Entre as tallas máis modernas salienta a de San Cristovo feita en pino vermello polo escultor compostelán Rey Andrade, autor doutras imaxes existentes na igrexa.

 

Casa de Pizca na Praza das Rodrigas

Tratábase dunha casa que conservaba na parte superior da fachada un escudo do século XVIII, dividido en tres cuarteis: o superior onde se podía aprécialo “M” da familia Montenegro; e nos inferiores, o da esquerda estaba subdividido con cinco flores de lis enriba e un león embaixo; e o da dereita presentaba un castelo dunha soa porta, dúas ventás e tres ameas. Esta casa caeu hai uns anos.

 

Castro da Coroa nas Rodrigas

Pequeño castro situado por enriba da capitalidade das Rodrigas e situado nun lugar estratégico para domina-lo Val de Riotorto. Aínda conserva parte dos muros defensivos, maila súa estructura interna descoñecese debido á forte invasión das árbores. Dentro dos círculos defensivos existen moitos furados, algúns deles de considerable altura, sen que haxa unha explicación clara sobre eles os veciños din que son cousa dos “mouros”, pero posiblemente son producto das excavacións feitas por José Villamil e Castro a finais do século XIX e por saqueos. Deste castro proceden varias pezas de bronce e ouro, algunhas delas depositadas no Museo Provincial de Lugo.

 

Casa de Rancaño en Cachán

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...