Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

L M M X V S D
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 
 
 
 
 

Riotorto

Construcción de fortes muros de cachotería e pedra de cantería nos recantos e nos marcos das ventás. Fachada de tres alturas, con cinco ventás no medio; chaminea típica das casas grandes chairegas, e cuberta a catro augas. A planta da casa é dun xeito trapezoidal.

Na parte traseira ten porche de madeira con escaleiras e cabozo con entrada lateral. Seica é do século XVIII, aínda que Carlota Eiros dátaa en 1853. Xunto a ela existía un cruceiro con tiara de pedra relacionado co camiño que leva á antita igrexa parroquial de San Pedro, pero que hoxe en día desapareceu. Na fachada tivo hai anos un reloxo de sol, hoxe depositado no claustro do Museo Provincial de Lugo coa lenda “ANO D 1853 / JUAN ANTO / RANCAÑO”. No interior conserva boas pezas de moblaxe antiga.

 

Casa de Moirón no Mazo

Situada no Mazo, foi un antigo pazo, e aínda conserva parte da estructura destas construccións típicas galegas. Hoxe atópase moi modificada, xa que perdeu a galería acristalada de madeira que tiña na fachada, ademais do cabozo da entrada e o pozo.

De tódolos xeitos, malia unha reforma penosa, conserva na parte de atrás un escudo cuartelado do século XVI e aínda que os cuarteis non están divididos escultóricamente pódense separar: o primeiro presenta cinco estrela; o segundo unha águia coas ás estendidas, posiblemente da familia Aguiar; o terceiro unhas ondas cun motivo imperceptible enriba; e o cuarto, aparece cun escudo escaquelado dentro do principal e bordeado con letras por enriba. Non obstante, o conxunto actual pertence ó século XVIII, de tipo neoclásico, con planta rectangular, tres alturas e faio, paredes de cachotería recebadas, recantos de pedra de cantería e cuberta de lousa a catro augas.

Tivo unha cheminea das típicas chairegas como se pode ver aínda en fotografías dos anos vinte do século XX. Completaba o conxunto un forno e un pallar. Denominouse tamén “Pazo de Agüera”, polo apelido dos seus propietarios, en el pasou algunhas tempadas o escritor Álvaro Cunqueiro.

 

Casa do Pacio

Aínda que moi modificada polo tempo, esta casa debeu ser no seu tempo un pazo e así parece que o confirma a toponimia. Saliente a típica cheminea, característica das casas grandes da Terra Chá. Na parte Central dun dos laterais da cuberta da lousa presenta un corpo máis alto có resto da estructura do edificio. Nunca das fachadas presenta un cabozo con acceso por unha porta lateral.

 

Casa particular no Teixeiro

Nunca das paredes do cabozo ten un reloxo de sol, de características semellantes a outro que existe nunca casa do Val.

 

Casa particular no Val

Xunto a estrada que leva do Val deica A Moxoeira unha casa presenta na súa parede un reloxo de sol de moi boa factura sobre lousa, con remate de sol e cruz e números romano. É do século XIX e parece poñer “MANUEL EVIA”.

 

Casa do Concello

Vello caserón ó que se lle engadiu un terceiro corpo en altura hai anos. Como único elemento de interese móstramos unha efigie de metal dun antigo alcalde de Riotorto, nacido en Augaxosa, coa inscrición: “DON LUIS PEREZ GONZALEZ / 1825-1905 / CONSAGRO SU ESFUERZO / E INTELIGENCIA AL BIENESTAR / DE SU PUEBLO / TESTIMONIO ESPONTANEO / DE GRATITUD DE SUS HERMANOS / EMIGRADOS / LOS HIJOS DE RIOTORTO / EN BUENOS AIRES / 14 DE NOVIEMBRE DE 1928”

 

Casa de Bermudez na Veiga

A casa de Bermúdez presentaba hai anos un bo aspecto como casa señorial, pero desgraciadamente foi desfeita no interior, aínda se conserva algúns restos como unha escaleira monumental de pedra. Data de 1854.

 

Casa do Roxo en Valverde

Casa de grandes dimensións, con muros de cachotería e numerosos vans, que tivo capela e que formouse en varias etapas históricas. Posúe aínda hoxe restos dunha inscrición.

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...