Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 

UNHA REPRESENTACIÓN VECIÑAL ASISTIRÁ AO PLENO DA DEPUTACIÓN NO QUE SE FALARÁ DA PRAZA MÉDICA VACANTE

A asemblea veciñal que reclama a cobertura da praza médica vacante no centro de saúde de Riotorto entregará en breve na Xunta as firmas recollidas para apoiar esta demanda. Ata o momento levan 1.400. E mañá unha representación dos veciños asistirá ao pleno da Deputación Provincial de Lugo, no que se debaterá unha moción que foi aprobada por unanimidade pola Corporación Municipal de Riotorto. 

O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “o pasado venres celebrouse unha nova asemblea de veciños para tratar o problema que temos en Riotorto da non cobertura dunha das prazas de médico no noso centro de saúde. Nesa xuntanza deuse conta do traballo realizado desde a anterior asemblea, celebrada hai un mes, no que respecta á recollida de firmas, que xa estamos a piques de rematar. Temos ata este momento unhas 1.400 recollidas no noso concello”.

Nese encontro “tamén falamos das xestións realizadas coa xerencia do hospital, dando conta do que se nos transmitiu, e tamén se fixo algunha proposta de actuación de cara ao futuro. Nesa reunión tamén falamos de desprazarnos mañá a Lugo para asistir ao pleno da Deputación Provincial, onde se debaterá unha moción que foi aprobada por unanimidade en Riotorto no pleno da Corporación Municipal e que por parte da comisión veciñal se lles trasladou aos portavoces da Deputación, que asistiron ao encontro que tivemos aquí con eles en Riotorto”, sinalou Federico Gutiérrez Estoa. O rexedor dixo que “ata alí se desprazará unha representación importante de veciños para ver de primeira a man as posicións de todos os partidos”.

Gutiérrez Estou engadiu que “ademais acordamos, como parte fundamental para resolver este problema, trasladar esta situación ao Parlamento galego e por iso imos convocar aos deputados para facerlles chegar as nosas demandas. E dentro duns días iremos entregar as firmas recollidas á Xunta de Galicia, en Lugo”. Na xuntanza que mantivo a asemblea de veciños o pasado venres “demos conta da resolución provisional do concurso de traslados que houbo o pasado 14 de novembro, e na que a praza de Riotorto está adxudicada a un médico e que esperamos que sexa cuberta. Agora temos que esperar á resolución definitiva, estaremos moi atentos e moi pendentes diso. Á xuntanza asistiu o médico Álvaro Franco, que en principio vai cubrir esa praza, para que nos contara o proceso administrativo e os trámites que hai que facer”.

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...