Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M J V S D
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 

Cunqueiro no San Pedro de Riotorto

(Herminia Estoa, en El Progreso - 27/06/2001)

 

“Querido Álvaro / cando polos papeis dixeron que te foras / un día todo frío e todo tarde / fun procurarte á Terra de Miranda / para falar contigo.”

 

Así comeza un poema de X. Rábade Paredes, e nada mellor para comezar tamén nós esta pequena homenaxe que lle queremos rendir a Cunqueiro desde a Terra de Miranda, no vixésimo aniversario da súa morte: volver a ler e reler as súas obras e descubrir nelas as súas raíces e as reiteradas alusións a Riotorto, feito que pasará desapercibido a un lector alleo a estas paraxes, mais non así a un bo coñecedor delas.

 

Preguntámonos: ¿A que será debido? ¿Necesidade de descubrir e redescubrir as súas raíces? ¿Volver ós días felices da infancia pasados nelas? ¿Homenaxe e desexo de inmortalizar a terra da súa nai? ¿Por qué sitúa a súa grande novela “Merlín e familia” precisamente en Terras de Miranda e non noutro lugar?., Sabemos que o embruxo delas, o imaxinario colectivo envolto no misterio dos mouros, dos habitantes do Castro, historias que el escoitou contar desde neno non son alleos ó desenvolvemento da súa imaxinación.

 

Di X.F. Armesto Faginas: “A orixe das súas inquedanzas literarias, viñalle pola banda materna”. O mesmo Cunqueiro cóntalle a Carlos Casares: “ a miña nai era dos Moirón de Cachán, unha vella familia daquela terra de Miranda. Aínda hoxe existe o artiprestádego de Miranda, do pazo de Cachán era a miña nai”. ¿Cómo era a túa nai?, pregunta Casares. “Unha cousa moi mol e moi doce. Tiña unha grande fantasía. Contaba historias, recitaba romances e cantaba. Sabía tódalas zarzuelas. Inventaba contos para que estiveramos calados. Eu mesmo participaba nesta mesma creación de contos. A miña nai falaba galego constantemente. E o mesmo facían as servintes, todas elas fillas de caseiros da miña familia materna, en Miranda. Unha delas, Encarnación Teixeira, natural do lugar de Espasande, en Riotorto, era moi aficionada ós contos de medo. Viu ó enano de ouro do Castro”.

 

Conta o seu amigo Fernández del Riego que: “houbo unha personaxe na familia de Cunqueiro que retratou con grande simpatía e polo que sentiu especial devoción, era o seu tío avó Serxio. Alto, arroibado e experto comentador de sucesos. Do avó Serxio aínda lembra o ben que contaba, é dicir, o ben que fabulaba. Del, así como da súa nai, aprendeu Cunqueiro moitas vellas historias do país. Todo isto xunto coas historias que escoitaba nas tertulias da rebotica do seu pai, e as primeiras lecturas foron nutrindo e espertando a súa imaxinación e configurando, sen dúbida, o futuro gran narrador”.

 

Recorda tamén, falando con Casares, as tempadas que pasaba en Cachán: “unha das alegrías da miña infancia era ir desde Mondoñedo a Cachán, en Riotorto, a pasar as festas de San Pedro e Santa Isabel, ou ir á castañeira”.

 

Di Armesto Faginas: “a estadía en Riotorto, tamén nos días da nenez, venlle á memoria en tódolos momentos. . E quere facer partícipes ós seus lectores da satisfacción da lembranza. “Nunca faltaba yo a la fiesta de San Pedro en Riotorto. Me recuerdo mientras iba a la casa de mis abuelos, con mi hermana Carmen, cada uno metido en un cesto de angarella, en un burro trotón. Conmigo, a mis pies, iban las lechugas y el pan de Mondoñedo. Y con mi hermana, una tarta más pan, cebolletas y guisantes”.

 

Esta alusión ás festas de San Pedro aparece varias veces nas súas obras. En “Xente de aquí e de acolá”, ó falar de Novo de Parmuide, que tiña artes curatorias e que “Unha vez polo San Pedro de Riotorto, na casa do meu tío Serxio, chamoume á parte, á hora dos postres, para que lle inventara unhas palabriñas en latín para recitar namentres columpiaba ós enfermos”.

 

En “Escola de Menciñeiros”, referíndose ó personase de Matías Vello, di: “Cando o atopaba polo San Pedro en Riotorto, soltábamen unha conferencia sobre Colón i o descubrimento de América. Era a súa teima”.

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
Juegos de presentación, juegos cooperativos, multideporte, jimcanas deportivas, slalom bicibletas, rutas en bici, ruta de senderismo, visita a la playa de las Catedrales, juegos en la playa, fiesta de despedida con hinchables y juegos.