Inicio

Contacto

Mail alcalde Concello de Riotorto

Calendario

«  
  »
L M M X V S D
 
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 

Tablón Municipal

OBRAS DO PLAN MARCO, SUBVENCIONADAS POLA XUNTA DE GALICIA

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA

ACOLLEMENTO DE FAMILIAS SIRIAS

O Concello colabora coa FEGAMP no acollemento de familias sirias no noso municipio

CAMPAMENTO DE VERÁN RIOTORTO 2015

Xogos de presentación, xogos cooperativos, multideporte, xincanas deportivas, slalom bicibletas, rutas en bici, ruta de sendeirismo, visita á praia das catedrais, xogos na praia, festa de despedida con inchables e xogos.

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2015.

 

- Requisitos:

      - Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.

      - Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.

      - Que durante o ano 2013, nin as persoas solicitantes nin ningunha das que compoñen a unidade familiar estivese   obrigada a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

 

- Documentación:

      - Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de tres anos.

      - Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

      - Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

      - Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

      - Autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e D.N.I.

 

No caso de persoas anteriormente beneficiarias, sempre que non se modificasen as circustancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación, só terán que presentar a solicitude debidamente cuberta.

 

-Prazo de presentación:

      Ata o 13 de marzo de 2015, xunto á Traballadora Social do Concello en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

SEDE DE MAL

 

SÁBADO 27 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS


CENTRO SOCIOCULTURAL DE RIOTORTO

BANDO: "Programa de Termalismo Social do Imserso 2015"

Aberto o prazo para o PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO 2015.

 

Requisitos, documentación e prazos de presentación dentro do enlace.

OBRA DE TEATRO VECIÑOS DE SANTALLA

O sábado 17 de novembro ás 17:00 horas no salón de actos do centro sociocultural de Riotorto, os veciños e veciñas de Santalla representarán a obra de teatro "Monchín encontrou traballo".

PROGRAMA DE TEATRO EN RIOTORTO ASOCIACIÓN ARRINCADEIRA

A Asociación Cultural Arrincadeira, a través do programa Buxiganga,acerca o teatro a Riotorto.

O sábado día 3 de novembro, ás 21 horas, representarase no salón de actos do Centro Sociocultural de Riotorto a obra "Godot", a cargo do grupo de teatro da Biblioteca municipal de Antas de Ulla.

E o sábado 10 de novembro, ás 21 horas, no mesmo lugar, a obra representada será "Lisístrata", a cargo do grupo de teatro de Ribadeo.

PROGRAMA VACACIÓNS PARA MAIORES (IMSERSO) 2012/2013

Está aberto ata o 9 de outubro o prazo para solicitar as vacacións do Programa de Vacacións para Maiores (IMSERSO) 2012/2013. As solicitudes presentaranse nos Servizos Sociais do Concello.

Próximos eventos

Tablón Municipal

AGLOMERADO DE PISTAS EN ALDURFE, VILASECA E SANTALLA
https://www.facebook.com/888914634512979/photos/a.899211493483293.107374...