EXPOSICIÓN "GALICIA, CONSERVANDO Á NATUREZA"
11/07/2012Do 9 ao 13 deste mes, en horario de 9 a 14 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural poderedes visitar a exposición "Galicia, conservando a natureza".
SUBVENCIÓNS RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON LOUSA
21/06/2012Aberto ata o 15 de xullo, ou esgotamento do crédito, o prazo de solicitude de axudas para a renovación de cubertas de lousa en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas.
A contía da axuda será do 40% do custo subvencionable e as axudas tramitaranse e concederanse por orde de presentación. Poden consultar as bases no apartado de axudas desta páxina web, na sección de vivenda.
Para máis información diríxanse á Axente de Emprego do Concello (982346222).
CONVOCATORIA DE CURSOS PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO
21/06/2012Aberto o prazo ata o 30 de Xuño de 2012 para inscribirse nas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e empadoradas nalgún concello de provincia de Lugo. Bases publicadas no B.O.P. de Lugo de 20/06/2012.
Para coñecer os cursos ofertados, solicitar a inscrición ou ampliar a información, diríxanse á Axente de Emprego do Concello (982346222).
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
21/06/2012Infórmase que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase a Riotorto para as inspeccións de vehículos agrícolas os días 26, 27 e 30 de xullo.
Asignarase día e hora directamente na unidade móbil ou chamando ao 881920979.
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE Á VIAXE A CAMPO LAMEIRO
12/06/2012Recordar a todos aqueles que estén interesados en realizar a viaxe ao Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, organizada polo Concello de Riotorto para o día 23 de Xuño, que o prazo para anotarse remata o vindeiro venres día 15 de Xuño.
Ata ese día poderán anotarse, ou solicitar máis información, chamando ao teléfono do Concello (982346222).
CURSO C.A.P.
08/05/2012Informamos a todas aquelas persoas interesadas en realizar o curso C.A.P., que se está formar grupo para impartir este curso en Riotorto.
Para máis información, ou inscribirse no mesmo, poden chamar ao Concello (982346222) e preguntar pola AEDL.
PROGRAMA "BENESTAR EN BALNEARIOS" 2012
27/04/2012Está aberto o prazo para participar no Programa "Benestar en Balnearios" durante o ano 2012.
Os interesados poden inscribirse ata o 10 de Maio xunto á Traballadora Social do Concello.
BANDO
07/03/2012"Prohíbense as repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos, con independencia da súa cualificación urbanística".
CURSO PREPARATORIO DAS PROBAS CELGA 2 EN PASTORIZA
06/03/2012O vindeiro luns día 12 de marzo dará comezo o curso preparatorio para as probas do nivel Celga 2 de galego, organizado conxuntamente polos concellos de Riotorto e A Pastoriza.
Os interesados poden anotarse ata o venres no Concello de Riotorto, ou ben chamando ao teléfono 982346222.
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES ASOCIATIVAS E CLUBES PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS ANUALIDADE 2012
06/03/2012Está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 2 de abril de 2012.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »