BANDO: "Programa de Termalismo Social do Imserso 2015"
17/12/2014Aberto o prazo para o PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO 2015.
REQUISITOS:
a) Ser pensionista da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez, e en todo caso polo concepto de viudez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade.
b) Non padecer alteracións do compartamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infectocontaxiosa.
c) Poder valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.
GUTIÉRREZ ESTOA AFIRMA QUE O PP ANUNCIA AGORA A SOLICITUDE DUN PLENO SOBRE AS OBRAS DA ESTRADA A MARCO DE ÁLVARE PARA INTENTAR TAPAR O SEU FRACASO COA PRAZA DE MÉDICO VACANTE
03/12/2014O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, afirma que o anuncio do PP de que vai solicitar un pleno extraordinario da corporación municipal sobre as obras da estrada Riotorto-Marco de Álvare “é para desviar a atención e intentar tapar o seu fracaso e a súa burla ós veciños de Riotorto na xestión da praza de médico vacante no centro de saúde, que segue a día de hoxe cun só un facultativo”.
UNHA REPRESENTACIÓN VECIÑAL ASISTIRÁ AO PLENO DA DEPUTACIÓN NO QUE SE FALARÁ DA PRAZA MÉDICA VACANTE
25/11/2014A asemblea veciñal que reclama a cobertura da praza médica vacante no centro de saúde de Riotorto entregará en breve na Xunta as firmas recollidas para apoiar esta demanda. Ata o momento levan 1.400. E mañá unha representación dos veciños asistirá ao pleno da Deputación Provincial de Lugo, no que se debaterá unha moción que foi aprobada por unanimidade pola Corporación Municipal de Riotorto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »